https://aclasedosaxouxeres.blogspot.com/

miércoles, 29 de abril de 2020

AS XOANIÑAS VOADORAS

PERO QUE XOANIÑAS MÁIS CHULIS FIXESTES! O NOME QUE NON SE VE ABAIXO É CHLOE. 
MOI BEN CHIC@S!😍🐞





NOTICIAS DE MARCO

Hoxe temos unha foto moi especial. Mirade que súper axudante ten Marco cando fai manualidades na casa!  Que sorte!



sábado, 25 de abril de 2020

NOTICIAS DE MARIO

Ola nenos e nenas ! Mario envía dúas fotos que quere compartir con todos vós.
Fixeron unha casiña para un paxaro e outro día atopou un lagarto!
Que cousas máis lindas estades facendo , moi ben Mario!!



jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

ACTIVIDADE VOLUNTARIA


Dende a biblio Sabell, propoñemos que decoredes o espazo cuadriculado cun debuxo do voso personaxe de conto favorito. Logo sacade unha fotografía e mandádea a este correo: bibliosabell@gmail.com poñede o voso curso (3anos, 4anos, 5anos, 1º, 2º, 3º, 4º, 5ºou 6º). Recordar que é voluntario, solo pedirvos que o mandedes durante esta semana, data límite o xoves 23 de abril, Día do libro! Así o luns teremos unha sorpresa para que vexades na páxina da biblio.

 Moitas grazas.
Apertas do claustro de mestres.

miércoles, 22 de abril de 2020

NOTICIAS DE DANIELA

Ola! a que non sabedes de quen temos hoxe noticias? de Daniela! 
Nunha foto está facendo un biscoito de noces e na outra xa vedes que debuxo tan bonitiño fixo. Claro que si , Daniela, todo irá ben!🌈
Moi ben!!





martes, 21 de abril de 2020

NOTICIAS DE RODRI

Ola compis!O protagonista de hoxe é Rodri.Manda unhas fotos facendo unhas croquetas caseiras. Que boa pinta teñen! Moi ben Rodri!






domingo, 19 de abril de 2020

SODES XENIAIS



Ola a tod@s! Hoxe quero dedicarvos estas palabras tan fermosas porque aínda que estas semanas están sendo un pouco duras, xa que non podemos saír da casa, estades sendo uns CAMPIÓNS. En todas as fotos que me mandades estades cun sorriso ou cunha actitude positiva. Xa queda menos para que todo volva á normalidade. Moito ánimo! Espero que vos guste.
 Unha aperta xigante!
🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈


NOTICIAS DE NOA

Hoxe a protagonista é Noa ! Manda unhas fotos súper chulis co seu irmá xogando e outra facendo pan. Que ben o pasades...😊   Moi ben Noa !




sábado, 18 de abril de 2020

NOTICIAS DE LUCÍA

Hoxe a protagonista é Lucía. Envíanos unhas fotos nas que se ve como traballa moito facendo as tarefas e outra foto facendo exercicio. Moi ben Lucía! Temos que coidarnos moito 😊




jueves, 16 de abril de 2020

NOTICIAS DE SARA


Seguimos coas sorpresiñas...
Mirade que rico postre fixo Sara! Ten unha pinta boísima!
Con el unha mensaxe: Feliz Pascua!
Xenial Sara!!!




martes, 14 de abril de 2020

ATENTOS ÁS VINDEIRAS NOVIDADES

Esta semana estade atentos xa que teño máis novidades dos compis da clase que irei poñendo pouco a pouco😉 

 Ademais a partir de hoxe xa están as novas actividades na páxina web do cole . Moito ánimo !

Por certo , xa vistes na páxina web do cole  o vídeo que vos dedicamos os profes para todos vós?🌈



NOTICIAS DE XIANA

Ola a todos e todas! Despois desta semana de vacacións voltamos por aquí unha vez máis. Hoxe a protagonista é Xiana...Mándanos dúas fotos súper chulis, unha cunhas galletas riquísimas que fixo ela e outra coa súa propia plantación de cherrys e orégano. 
Bravo Xiana!



domingo, 5 de abril de 2020

MÁIS NOTICIAS DE MARC

Que ben saber de vós!Mirade que ideas máis chulis non manda Marc. Fixo unhas galletas que teñen unha pinta xenial e pintou unhas pedras que quedaron fermosísimas! Bravo Marc!






jueves, 2 de abril de 2020

MÁIS NOTICIAS DE GAEL

Esta vez Gael envíame unha foto con Kai que tamén quedou na casa. E un debuxo precioso. Bravo Gael!!!




miércoles, 1 de abril de 2020

NOTICIAS DE MARC

Que ben saber de vós e ver que estades ben! Mirade que vídeo máis chulo recibín. Bravo Marc!!!