https://aclasedosaxouxeres.blogspot.com/

martes, 24 de marzo de 2020

SEGUIMOS TRABALLANDO

Seguimos a traballar para proporcionarvos tarefas e recursos para os vindeiros días. Paralelamente ao libro de texto podedes completar con este tipo de actividades . Recomendamos manter no posible un ritmo de traballo diario co fin de manter o nivel competencial acadado polas vosas fillas/os ata o momento.


 Podedes levar a cabo nas LINGUAS: 

  •  Lectura diaria e comprensiva de libros de contos que teñan na casa tanto en castelán como en galego ou inglés. 
  •  Copia ou escritura de fragmentos de contos, adiviñas, poesías, trabalinguas... coidando a orde, presentación, caligrafía e limpeza. Despois da copia, traballaremos co texto: podemos atopar substantivos, artigos e demostrativos. Clasificalos por xénero (masculino ou feminino) e número (singular ou plural). 
  •  Cada día faremos listaxes de 5 palabras e separámolas en sílabas escribindo como se denominan segundo o número de sílabas (monosílabas, bisílabas ,trisílabas, polisílabas) subliñamos a sílaba tónica. 
  •  Facer un debuxo creativo de temática libre. Inventar un conto a partir dese debuxo. Na historia temos que meter os tipos de oracións que xa sabemos (enunciativa afirmativa ou negativa, interrogativa e exclamativa). 
  •  Facer unas pequenas descricións: de obxectos ,persoas, lugares... 
  • Explicar percorridos que coñezan de maneira oral. O vocabulario será rico e con frases axeitadas. 
  •  Facer pequenos ditados.

Para reforzar as MATEMÁTICAS: 
  •  Facer operacións de sumas e restas con levadas e multiplicacións, cálculo mental , problemas inventados por eles mesmos, ditados de números ata o 999, aprender as tablas de multiplicar do 2 e do 5.Enlaces para repasar e reforzar contidos:






Para repasar CIENCIAS NATURAIS aconsellamos os vídeos de youtube: HAPPY
LEARNING e recomendamos: las plantas, el reino de las plantas, el cuerpo: las
partes del cuerpo, los sentidos, la salud, la alimentación, las plantas ,
curiosidades de las plantas y sus partes para niños.

TAMEN PODEDES PRACTICAR AS PARTES DO CORPO COA CANCIÓN DE MIGALLAS:                                            
                                                                   O ESQUELETO



Para repasar CIENCIAS SOCIAIS aconsellamos os videos youtube: LA
EDUTECA e recomendamos: la localidad, las profesiones, el ciclo del agua, el
aire y la atmósfera, el tiempo atmosférico.

                                                                  EL TIEMPO





* Despois do visionado de vídeos @s nen@s poderán facer un breve
resumo con debuxo nun folio.

MOITO ÁNIMO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario